
Haz clic en la imagen para ampliarla
18 MINIBIOGRAFIAS CHILINDRINAS
Neste pequeno libro resúmese a biografía de dezaoito Celeirenses que quixeron colaborar a gusto comigo. Todos eles veciños e/ou amigos meus. E como me dixo o chilindrín residente nos EEUU de américa, Jesse Del Río: grazas por gardar as memorias vivas.Celeirense ven a ser o xentilicio de Celeiro, aínda que tamén nos coñecen como chilindrís.Din que hai moitos anos, cando Celeiro aínda non tiña peiraos onde atracar os barcos, cando viñan os ingleses fondeaban enfronte á praia e chamabanos en inglés para que lles foran a carrexar desde os barcos á praia e desde a praia aos barcos, mariñeiros e vituallas:-Children, children!Co tempo, a palabra children foise escangallando e convertindo en chilindrís.Celeiro ven a ser unha parroquia de Viveiro, e un dos máis importantes portos pesqueiros do Cantábrico. Conta tamén con un núcleo de poboación a carón do núcleo de Viveiro, co que está prácticamente unido despois do crecemento urbanístico dos últimos anos.
Productos Relacionados:
36 PASOS PERDIDOS PARA ENCONTRAR A ANTONIN ARTAUD EN MEXICO
Disponible en 24/48 horas