Haz clic en la imagen para ampliarla
MATILDE
Inqueda e curiosa, a pequena Matilde asómase ás agachadas ao estudio dun artista e sae fuxindo cun dos seus pinceis, co que decide debuxar un dragón. Para a súa sorpresa -e a dos lectores- a criatura trazada salta da parede e comeza a percorrer a cidade, ata que se desentende da nena e vai cometendo falcatruadas. Afortunadamente, o pintor aparece no momento oportuno e de máximo suspense para axudar a Matilde, restablecendo a normalidade. Todo sucede nunha cidade gris e aburrida, onde a xente camiña coa cabeza baixa e allea ao sucede ao seu arredor. A presenza da cor -que adquire un valor simbólico- redúcese á figura da protagonista, o taller do artista e os personaxes que saen dos seus pinceis, algúns dos cales tamén habitan libremente nas rúas.