Haz clic en la imagen para ampliarla
VERME
“Verme” é o nome que recibe este novidoso dispositivo mecánico capaz de cavar a terra, limpala e facela fértil. Do seu funcionamento encárganse uns operarios vestidos de amarelo que protagonizan unha morea de aventuras. Un divertido libro-xogo sen palabras dos autores de “Balea” ideal para estimular a agudeza visual e a creación de historias. En formato acordeón, ao despregalo transfórmase nun gran mural de dobre cara.